Rifas do Clube Ourense Baloncesto

15 de Diciembre del 2023
Comparte

O Clube Ourense Baloncesto saca rifas para os socios e persoas interesadas que queran mercalas. As rifas teñen un custo de 2 euros e o gañador será o número que coincida co premio gordo do Sorteo de Nadal o día 22 de decembro.

O gañador poderá disfrutar de unha morea de premios como unha cesta de nadal, unha noite para dúas persoas nunha casa rural, comida/cena para dúas persoas na Arroceria Gijón Barballa, un ano de suscripción a La Región e moitos máis premios que se irán anunciando durante estes días e ata o día do sorteo nas redes sociais do clube. 

En caso de que non haxa ganador no Sorteo de Nadal, escollerase o número gañador que coincida co boleto premiado na Lotería do Neno.

As rifas poderánse adquirir nas oficinas do clube e o día dos partidos no Paco Pazo.

A lista de premios é a seguinte:

  • Cesta de Nadal cortesía de Xurisgal
  • Comida ou cena para dúas persoas en Arrocería Gijón
  • Un ano de suscripción ao diario La Región
  • Unha noite máis almorzo para dúas persoas en apartamento con jacuzzi no Hotel La Rectoral ou Villamaceira
  • Corte de pelo e afeitado de barba na Barbería Chicho, mellor barberia de España 2024.
  • Comida para dúas persoas no Auriga Gastrobar.

Moita sorte e FORZA COB!

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar