Día de portas abertas para o encontro ante Guuk Gipuzkoa

07 de Mayo del 2024
Comparte

O vindeiro venres 10 de maio as 21:00 horas, disputarase no Pazo Paco Paz o derradeiro partido da tempada regular 2023/2024 da Liga LEB Ouro frente a Gipuzkoa Basket, coa volta de Iría Uxía á que sempre será a súa casa.

Co obxectivo principal da tempada cumplido, a salvación, pero coa espiña de non acadar a plaza nos playoffs de ascenso, dende o clube xa estamos a traballar na vindeira tempada.

É preciso afianzar o proxecto e crecer pasiño a pasiño para alcanzar cotas máis grandes, para o que consideramos fundamental ampliar a masa social dentro da provincia. Por iso queremos facer una xornada de portas abertas para que a xente (re)descubra a emoción de vivir o efecto Pazo e aumentar a manda cobista.

Tódolos afeccionados que queiran asistir ao partido poderán retirar unha invitación nas oficinas do clube no horario habitual, así como antes do encontro.

Non nos olvidamos dos socios que estades ahí, dos cobistas de sempre. En breves teredes noticias das accións que temos preparadas para vos de cara a próxima campaña.

Desfrutemos do último partido acollendo aos novos afeccionados co calor do Pazo!

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar