Romaro Gill escollido MVP Estrella Galicia do mes de abril

10 de Mayo del 2024
Comparte

Os afeccionados cobistas premiaron cos seus votos as grandes actuacións de Romaro Gill durante o pasado mes de abril e acada, así, o seu primeiro MVP Estrella Galicia.

O xogador xamaicano que non parou de crecer durante toda a temporada está mostrando o seu millor nivel nestas ultimas xornadas sendo diferencial en ámbalas dúas zonas coa sua intimidación e xogo por riba do aro.

Romaro media esta temporada 5,5 puntos cun 60’3% en tiros de dous, 3,8 rebotes e 1 tapón en tan só 14.33 minutos de xogo demostrando a súa mellora e compromiso.

O noso pivot quixo darlle as grazas aos seus compañeiros e corpo técnico por axudalo durante todo o ano, pero sobretodo, á afección cobista por todo o apoio e agarimo recibido.

Noraboa Romaro polo teu MVP Estrella Galicia do mes de abril.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar