BASES LEGALES DO CONCURSO
- ORGANIZACIÓN:
O presente concurso está organizado polo Club Ourense Baloncesto (COB), co obxectivo de promover a participación da nosa afección durante o verán, animando aos seguidores e seguidoras a compartir fotografías relacionadas co club e co seu merchandising oficial.
- DURACIÓN DO CONCURSO
O concurso terá unha duración de 4 semanas, onde se seleccionará un gañador cada semana.
- REQUISITOS PARA A PARTICIPACIÓN
Poderán participar todas as persoas físicas que cumpran os seguintes requisitos:
- Ser seguidor/a do perfil oficial do Club Ourense Baloncesto en Instagram, Facebook e Twitter.
- Publicar unha fotografía orixinal na que apareza calquera artigo oficial no que aparezca o escudodo Club Ourense Baloncesto.
- Etiquetar o perfil oficial do club:
- Empregar o hashtag oficial #LEVAOCOBCONTIGO.
- No caso de ter o perfil privado, enviar a fotografía mediante mensaxe privada para poder validar a participación.
Non existe límite de fotografías por participante, aínda que cada persoa só poderá resultar gañadora unha única vez durante o concurso.
- TEMÁTICA
As fotografías deberán mostrar algún produto oficial do Club Ourense Baloncesto nun lugar representativo ou especial durante as vacacións.
Poderán realizarse, entre outros, nos seguintes lugares:
- Praias
- Montañas
- Cidades
- Monumentos
- Viaxes nacionais ou internacionais
- Festivais
- Eventos deportivos
- Lugares emblemáticos
Valorarase especialmente a creatividade e a orixinalidade de cada proposta.
- PREMIOS
Cada semana o Club Ourense Baloncesto seleccionará unha fotografía gañadora.
O premio consistirá nun artigo oficial do club que o Club Ourense Baloncesto determine para cada semana.
- SELECCIÓN DA FOTOGRAFÍA GAÑADORA
A elección será realizada polo Departamento de Comunicación do Club Ourense Baloncesto.
Os criterios de valoración serán:
- Orixinalidade.
- Creatividade.
- Calidade da fotografía.
- Visibilidade do merchandising oficial do club.
- Adecuación á temática do concurso.
O número de «Gústame», comentarios ou comparticións NON influirá na decisión final.
- COMUNICACIÓN DA PERSOA GAÑADORA
A persoa gañadora de cada semana será anunciada a través das redes sociais oficiais do Club Ourense Baloncesto.
Así mesmo, será contactada mediante mensaxe privada para xestionar a entrega do premio.No caso de non obter resposta nun prazo de 48h, o club poderá seleccionar unha nova fotografía gañadora.
- DEREITOS DE IMAXE E PROPIEDADE INTELECTUAL
As persoas participantes garanten ser as autoras das fotografías presentadas.
Coa participación no concurso autorizan ao Club Ourense Baloncesto a reproducir, publicar e difundir as devanditas imaxes, de forma gratuíta e sen limitación territorial, a través de:
- Redes sociais oficiais.
- Páxina web do club.
- Material promocional.
- Medios de comunicación relacionados coa actividade do club.
Sempre que sexa posible, o Club Ourense Baloncesto identificará á persoa autora da fotografía mediante o seu nome ou usuario nas redes sociais.
- PROTECCIÓN DE DATOS
Os datos persoais facilitados polas persoas participantes serán utilizados unicamente para a xestión do concurso e a entrega dos premios, de acordo coa normativa vixente en materia de protección de datos.
Os datos non serán cedidos a terceiros, salvo obriga legal.
- EXCLUSIÓNS
O Club Ourense Baloncesto poderá excluír aquelas fotografías que:
- Non cumpran a temática proposta.
- Conteñan contido ofensivo, discriminatorio ou contrario á lexislación vixente.
- Vulneren dereitos de terceiros.
- Fosen obtidas mediante intelixencia artificial ou non sexan fotografías orixinais da persoa participante.
- Inclúan publicidade doutras entidades ou marcas que poidan xerar conflito cos patrocinadores do club.
- MODIFICACIÓN
O Club Ourense Baloncesto resérvase o dereito de modificar as presentes bases, suspender ou cancelar o concurso por causas xustificadas, comprometéndose a comunicar calquera cambio a través das súas canles oficiais. - ACEPTACIÓN DAS BASES
A participación no concurso implica a aceptación íntegra das presentes bases legais.
“O espírito deste concurso é compartir a paixón polo Club Ourense Baloncesto durante o verán. Por este motivo, o xurado valorará especialmente aquelas fotografías que reflictan creatividade, deportividade e os valores que representa o club, por riba do destino ou da distancia percorrida. ”