O Club Ourense Baloncesto súmase ao Black Friday cunha promoción especial para que ninguén quede sen vivir o baloncesto no Pazo dos Deportes Paco Paz o resto da tempada. Dende o 21 de novembro ata o 5 de decembro, todas as novas altas poderán facerse co seu abono cun 25 % de desconto sobre as tarifas vixentes.
A promoción non é acumulable a outras ofertas ou descontos activos.
Tarifas Black Friday (25 % de desconto aplicado)
| Categoría | Zona Pista | Zona Grada | Fondo de Animación (Peñas)* |
| Adulto | 165 € (antes 220 €) | 140,25 € (antes 187 €) | 75 € (antes 100 €) |
| Mozos/as (15 a 25 anos) | 165 € (antes 220 €) | 70,50 € (antes 94 €) | 37,50 € (antes 50 €) |
| Nenos/as (5 a 14 anos) | 165 € (antes 220 €) | 37,50 € (antes 50 €) | 22,50 € (antes 30 €) |
| Infantil (2 a 5 anos) | 165 € (antes 220 €) | 16,50 € (antes 22 €) | 7,5 € (antes 10 €) |
Como tramitar o abono
As novas altas tramítanse exclusivamente de xeito presencial nas oficinas do Club Ourense Baloncesto, situadas no Pazo dos Deportes Paco Paz, de luns a venres en horario de 9:00 a 15:00 horas.
Para calquera consulta ou dúbida sobre a campaña, podes contactar co club a través do correo electrónico info@clubourensebaloncesto.com ou chamando ao teléfono 988 100 001.
