ATA ONDE PODE CHEGAR

ATA ONDE PODE CHEGAR O COB ESTE VERÁN?

BASES LEGALES DO CONCURSO

  1. ORGANIZACIÓN:

O presente concurso está organizado polo Club Ourense Baloncesto (COB), co obxectivo de promover a participación da nosa afección durante o verán, animando aos seguidores e seguidoras a compartir fotografías relacionadas co club e co seu merchandising oficial. 

  1. DURACIÓN DO CONCURSO

O concurso terá unha duración de 4 semanas, onde se seleccionará un gañador cada semana.

  1. REQUISITOS PARA A PARTICIPACIÓN

Poderán participar todas as persoas físicas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Ser seguidor/a do perfil oficial do Club Ourense Baloncesto en Instagram, Facebook e Twitter.
  • Publicar unha fotografía orixinal na que apareza calquera artigo oficial no que aparezca o escudodo Club Ourense Baloncesto.
  • Etiquetar o perfil oficial do club:
  • Empregar o hashtag oficial #LEVAOCOBCONTIGO.
  • No caso de ter o perfil privado, enviar a fotografía mediante mensaxe privada para poder validar a participación.

Non existe límite de fotografías por participante, aínda que cada persoa só poderá resultar gañadora unha única vez durante o concurso.

  1. TEMÁTICA
    As fotografías deberán mostrar algún produto oficial do Club Ourense Baloncesto nun lugar representativo ou especial durante as vacacións.

Poderán realizarse, entre outros, nos seguintes lugares:

  • Praias
  • Montañas
  • Cidades
  • Monumentos
  • Viaxes nacionais ou internacionais
  • Festivais
  • Eventos deportivos
  • Lugares emblemáticos

Valorarase especialmente a creatividade e a orixinalidade de cada proposta.

  1. PREMIOS
    Cada semana o Club Ourense Baloncesto seleccionará unha fotografía gañadora.

O premio consistirá nun artigo oficial do club que o Club Ourense Baloncesto determine para cada semana.

  1. SELECCIÓN DA FOTOGRAFÍA GAÑADORA
    A elección será realizada polo Departamento de Comunicación do Club Ourense Baloncesto.

Os criterios de valoración serán:

  • Orixinalidade.
  • Creatividade.
  • Calidade da fotografía.
  • Visibilidade do merchandising oficial do club.
  • Adecuación á temática do concurso.

O número de “Gústame”, comentarios ou comparticións NON influirá na decisión final.

  1. COMUNICACIÓN DA PERSOA GAÑADORA

A persoa gañadora de cada semana será anunciada a través das redes sociais oficiais do Club Ourense Baloncesto.

Así mesmo, será contactada mediante mensaxe privada para xestionar a entrega do premio.No caso de non obter resposta nun prazo de 48h, o club poderá seleccionar unha nova fotografía gañadora.

  1. DEREITOS DE IMAXE E PROPIEDADE INTELECTUAL

As persoas participantes garanten ser as autoras das fotografías presentadas.

Coa participación no concurso autorizan ao Club Ourense Baloncesto a reproducir, publicar e difundir as devanditas imaxes, de forma gratuíta e sen limitación territorial, a través de:

  • Redes sociais oficiais.
  • Páxina web do club.
  • Material promocional.
  • Medios de comunicación relacionados coa actividade do club.

Sempre que sexa posible, o Club Ourense Baloncesto identificará á persoa autora da fotografía mediante o seu nome ou usuario nas redes sociais.

  1. PROTECCIÓN DE DATOS

Os datos persoais facilitados polas persoas participantes serán utilizados unicamente para a xestión do concurso e a entrega dos premios, de acordo coa normativa vixente en materia de protección de datos.

Os datos non serán cedidos a terceiros, salvo obriga legal.

  1. EXCLUSIÓNS

    O Club Ourense Baloncesto poderá excluír aquelas fotografías que:
  • Non cumpran a temática proposta.
  • Conteñan contido ofensivo, discriminatorio ou contrario á lexislación vixente.
  • Vulneren dereitos de terceiros.
  • Fosen obtidas mediante intelixencia artificial ou non sexan fotografías orixinais da persoa participante.
  • Inclúan publicidade doutras entidades ou marcas que poidan xerar conflito cos patrocinadores do club.
  1. MODIFICACIÓN
    O Club Ourense Baloncesto resérvase o dereito de modificar as presentes bases, suspender ou cancelar o concurso por causas xustificadas, comprometéndose a comunicar calquera cambio a través das súas canles oficiais.
  2. ACEPTACIÓN DAS BASES

    A participación no concurso implica a aceptación íntegra das presentes bases legais. 

O espírito deste concurso é compartir a paixón polo Club Ourense Baloncesto durante o verán. Por este motivo, o xurado valorará especialmente aquelas fotografías que reflictan creatividade, deportividade e os valores que representa o club, por riba do destino ou da distancia percorrida. 

Photograph .