A afección cobista escolleu a Martín Fernández como MVP Estrella Galicia do mes de marzo, recoñecendo o seu gran papel nun momento esixente da tempada.
O xogador destacou pola súa regularidade e capacidade para aportar en diferentes momentos do xogo, ofrecendo sempre intensidade e compromiso en cada minuto sobre a pista. A súa actitude competitiva e o seu traballo constante convertérono nunha peza importante dentro da dinámica do equipo durante este mes.

Martín soubo responder cando o equipo máis o precisaba, sumando tanto en ataque como en defensa e contribuíndo a manter o nivel competitivo do grupo.
O xogador quixo agradecer este recoñecemento aos seus compañeiros, ao corpo técnico e á afección cobista, destacando o apoio recibido en cada partido.
Parabéns, Martín, polo teu MVP Estrella Galicia do mes de marzo.
VOLVEREMOS, E TI XA ESTABAS