WhatsApp Image 2026-11-16 at 11.10.51

O Club Ourense Baloncesto recibe este mércores, ás 20:45 horas, ó Palmer Basket Mallorca no Pazo dos Deportes Paco Paz, nun encontro correspondente ós oitavos de final da Copa España.

O partido terá tamén un carácter solidario. O COB colaborará con Bicos de Papel, asociación galega de axuda á infancia oncolóxica e ás súas familias. Por cada entrada vendida, 1 euro será doado á asociación.

Bicos de Papel naceu da iniciativa dun grupo de familias que viviron de primeira man o cancro infantil e as dificultades que aparecen tras o diagnóstico. Desde entón, traballa para ofrecer apoio ás crianzas e ás súas familias durante todo o proceso.

Entre os seus servizos destacan o apoio psicolóxico e educativo, as axudas económicas, o aloxamento para as familias que deben desprazarse para recibir tratamento, a fisioterapia e a terapia ocupacional, así como diferentes actividades de lecer. A asociación tamén desenvolve programas para mellorar a estancia hospitalaria dos nenos e nenas con cancro e das súas familias.

Prezos e entradas

As entradas terán un prezo único para socios e non socios:

  • Adultos: 6 euros.
  • Menores de 18 anos: 4 euros.

Os socios do Club Ourense Baloncesto manterán reservado o seu asento habitual.

As entradas poden adquirirse de maneira online en taquillacob.com e nas oficinas do Club.

Fila 0: tamén podes colaborar

As persoas que non poidan asistir ó encontro tamén terán a oportunidade de colaborar coa iniciativa a través da fila 0, realizando unha doazón mediante transferencia bancaria ó seguinte número de conta:

IBAN: ES9001334730754200004113

Desde o Club Ourense Baloncesto animamos a nosa afección a sumarse a esta iniciativa. Cada entrada e cada doazón contribuirán a que Bicos de Papel poida seguir acompañando ás familias que están a pasar por un proceso de cancro infantil

Photograph .