J3 – COB vs Cantabria-40

O Club Ourense Baloncesto recibe mañá sábado ó Insolac Caja 87, ás 19:00 horas, no Paco Paz. O encontro estará acompañado pola celebración do Magosto, cunha proposta gastronómica nos accesos ó pavillón organizada por LuminitaVatafu.SL. Haberá bolos preñados e castañas á venda por 3 euros.

No deportivo, o COB afronta o partido despois de recuperar os adestramentos coa plantilla ó completo. Tras varias semanas condicionadas pola falta de efectivos, o equipo puido encadear sesións de traballo con todos os xogadores dispoñibles. Moncho López destaca a evolución do grupo, que aínda está lonxe do seu mellor estado de forma, pero que traballa nunha liña ascendente.

En fronte estará un Insolac Caja 87 cunha das plantillas máis profundas da categoría. O conxunto sevillano conta cunha ampla variedade de xogadores exteriores, con capacidade para anotar desde o perímetro e crear situacións ofensivas. Tamén destaca polo seu físico e pola calidade dos xogadores que saen desde o banco, capaces de cambiar o ritmo dos partidos.

Para o COB será importante limitar o acerto exterior do rival e pechar o rebote defensivo, evitando segundas oportunidades. O apoio do Paco Paz tamén terá un papel importante nun encontro no que os ourensáns buscarán aproveitar o traballo desta semana para competir ante un rival esixente.

O balón botará ás 19:00 horas. O sábado, o Pazo ten unha cita co baloncesto e co Magosto.

Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación:

Photograph .