A colaboración para a tempada 2026/27 inclúe sorteos de merchandising, entradas para os socios de Club Carrefour e accións especiais en varios partidos no Pazo dos Deportes Paco Paz.
O Club Ourense Baloncesto e Club Carrefour formalizan unha colaboración para a tempada 2026/27 que contará con diferentes iniciativas promocionais e experiencias arredor dos partidos do COB, tanto no Pazo dos Deportes Paco Paz como en Carrefour Ourense.
O acordo inclúe sorteos e accións promocionais con merchandising oficial do club, así como unha promoción de entradas dirixida aos socios de Club Carrefour, que poderán asistir a diferentes encontros do COB como local ao longo da tempada.
A programación inclúe tamén varias citas especiais vinculadas ao calendario deportivo. A primeira será o 3 de decembro, cunha firma de autógrafos no establecemento de Carrefour Ourense. A iniciativa permitirá aos seareiros e seareiras achegarse aos xogadores e compartir con eles un momento fóra da pista.
O 9 de xaneiro, coincidindo co partido ante o Gran Canaria, está prevista unha acción especial denominada WOW, cuxos detalles se concretarán máis adiante.
A seguinte data destacada será o 24 de abril, co encontro fronte ao Movistar Estudiantes. Para esa xornada está programada unha acción de Escort Kid, acompañada de entradas dobres. Os detalles da actividade e as condicións de participación daranse a coñecer cando se achegue a data.
Con esta colaboración, o Club Ourense Baloncesto e Club Carrefour queren achegar o COB a máis persoas, crear novas experiencias arredor do baloncesto e facer que cada partido sexa tamén unha oportunidade para compartir a paixón polo equipo.