Gemini_Generated_Image_4itr1f4itr1f4itr

O Club Ourense Baloncesto súmase ao Black Friday cunha promoción especial para que ninguén quede sen vivir o baloncesto no Pazo dos Deportes Paco Paz o resto da tempada. Dende o 21 de novembro ata o 5 de decembro, todas as novas altas poderán facerse co seu abono cun 25 % de desconto sobre as tarifas vixentes.

A promoción non é acumulable a outras ofertas ou descontos activos.

Tarifas Black Friday (25 % de desconto aplicado)

CategoríaZona PistaZona Grada Fondo de Animación (Peñas)*
Adulto165 € (antes 220 €)140,25 € (antes 187 €)75 € (antes 100 €)
Mozos/as (15 a 25 anos)165 € (antes 220 €)70,50 € (antes 94 €)37,50 € (antes 50 €)
Nenos/as (5 a 14 anos)165 € (antes 220 €)37,50 € (antes 50 €)22,50 € (antes 30 €)
Infantil (2 a 5 anos)165 € (antes 220 €)16,50 € (antes 22 €)7,5 € (antes 10 €)

Como tramitar o abono

As novas altas tramítanse exclusivamente de xeito presencial nas oficinas do Club Ourense Baloncesto, situadas no Pazo dos Deportes Paco Paz, de luns a venres en horario de 9:00 a 15:00 horas.

Para calquera consulta ou dúbida sobre a campaña, podes contactar co club a través do correo electrónico info@clubourensebaloncesto.com ou chamando ao teléfono 988 100 001.

Photograph .