J25 – COB vs Tizona Burgos_22

O Cloud.gal Ourense Baloncesto pecha a tempada no Paco Paz ante o Alimerka Oviedo

O Cloud.gal Ourense Baloncesto disputa mañá ás 21:00 horas no Pazo dos Deportes Paco Paz o último partido da tempada, recibindo ao Alimerka Oviedo nunha nova xornada da Primeira FEB.

O equipo afronta a cita coa intención de despedir a competición ofrecendo unha boa imaxe diante da súa afección e pechando o curso competindo ata o final. Será a última oportunidade da tempada para volver xogar no Paco Paz e compartir unha noite de baloncesto coa nosa xente.

En fronte estará un Alimerka Oviedo que chega ao encontro xogándose o seu posicionamento de cara ao playoff, polo que se espera un partido intenso e de máxima esixencia desde o inicio.

O Paco Paz volverá ser protagonista nunha noite especial marcada polo último encontro da campaña diante da nosa afección. O club quere que sexa unha cita aberta a todos os afeccionados, polo que os menores de 18 anos poderán acceder gratis retirando previamente a súa entrada nas oficinas do club, mentres que o prezo da entrada para maiores de 18 anos será de 5 euros.

Mañá despedimos a tempada no Paco Paz.

Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación.

Fotografía.