IMR_5063

O Cloud.gal Ourense Baloncesto recibe ao Super Agropal Palencia no Paco Paz

A Primeira FEB continúa mañá martes ás 20:45 horas no Pazo dos Deportes Paco Paz, onde o Cloud.gal Ourense Baloncesto recibe ao Super Agropal Palencia nun novo compromiso ligueiro.

O equipo afronta o encontro nun momento esixente, coa vontade de dar unha resposta sobre a pista e recuperar as mellores sensacións diante da súa xente. O traballo da semana estivo centrado en axustar detalles e reforzar o rendemento colectivo para competir ao nivel que require a competición.

En fronte estará un Super Agropal Palencia que obrigará a manter a concentración e a intensidade durante os corenta minutos. Un rival de entidade ante o que será clave a consistencia e o control dos momentos do partido.

O Paco Paz debe volver ser un punto de encontro. Equipo e afección, necesarios máis ca nunca para afrontar xuntos o reto e empurrar desde o inicio.

Para este encontro, cada socio poderá retirar dúas invitacións nas oficinas do club.

Mañá é unha nova oportunidade para reaccionar.

Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación.

VOLVEREMOS, E TI XA ESTABAS

Fotografía.