Escolle ao Xogador Estrella Galicia do mes de Decembro

Un mes máis, vós escolleredes ao noso “Xogador Estrella Galicia”.
Dende hoxe e ata o domingo, poderedes votar na nosa web polo voso xogador favorito e, os que comentedes nas nosas redes sociais co cancelo #XogadorEstrellaDecembro, entraredes no sorteo de dúas entradas dobres para o encontro que xogaremos o sábado 22 de xaneiro nos Remedios contra CB Morón.
Os tres candidatos para gañar o premio deste mes son:
- José Nogués
- Dagur Jónsson
- Kevin Van Wijk
Votade y elixide ao gañador!