Chega o concurso de debuxo de Nadal do COB

Un ano máis, chega o noso xa habitual concurso de debuxos de Nadal no que convidamos a tódalas escolas da cidade a sumarse animando aos nenos e nenas a unir, na medida do posible, estas festas e o noso deporte.
Un ano máis, dividirémolo en dúas categorías de idade:
- Ata os 6 anos
- Dende os 6 ata os 15 anos
Contaremos, de novo, con dous premios por categoría por cortesía de Jugettos e Librería Salgueiros. O prazo para a presentación dos deseños irá dende hoxe e ata o día 6 de xaneiro, xa que a entrega dos premios farémola no próximo partido no Pazo do día 8 do novo ano.
Para facérnolo chegar, soamente tedes que vir polas nosas oficinas ou, con máis facilidade, enviar unha foto ao noso correo info@clubourensebaloncesto.com indicando o nome e a idade do participante.
Animade aos máis pequenos da casa a participar!