Este sábado será tamén o partido da I(NC)LUSIÓN.
Este vindeiro sábado, o partido contra Oviedo terá tamén como protagonistas (ademais do noso querido Moncho), a todas as entidades de Ourense de persoas con diversidade funcional.
Un partido da ilusión para o noso equipo, que quere conseguir unha victoria vital, e que contará co respaldo na grada de centos de persoas pertencentes a estas entidades: ADO, ASPANAS, AIXIÑA, Down Ourense, Por eles TEA... son algunhas das entidades que nos visitarán.
Esta actividade corresponde ao Área Social do Club, que este ano achegou ao baloncesto a diversas asociacións da cidade e provincia, así como clubs deportivos de outras disciplinas. Unha tempada estupenda que seguro verase confirmada na pista"
NOTICIAS RELACIONADAS