Presentación do proxecto DisCOB
Hoxe luns, no Área Social do Club Ourense Baloncesto, presentouse o proxecto “DisCOB”, en colaboración coa ONCE, para que todas as persoas cegas da provincia de Ourense que desexen acudir aos partidos do Pazo Paco Paz, teñan unha retransmisión específica e adaptada.
A partir deste sábado contra Melilla, o grupo de traballo do área social (formado por 8 persoas), retransmitirá o partido a través dunha canle específica da aplicación Discord. Esa retransmisión contará con dúas persoas en cada partido, que acompañarán aos participantes do proxecto dende que entran no Pazo ata o remate do encontro, cunha explicación visual de todo aquilo que aconteza no campo.
O club convértese deste xeito en pioneiro en Galicia e na Liga LEB Ouro, achegando de xeito gratuíto o baloncesto ao colectivo de persoas cegas.
Un esforzo para converterse nun club totalmente inclusivo con todas as persoas da nosa cidade e provincia.
Moitas gracias!