Samu Rodríguez recibe o MVP Estrella Galicia do mes de xaneiro
Samu Rodríguez acada o galardón como mellor xogador do Clube Ourense Baloncesto durante o mes de Xaneiro para os seareiros cobistas que premian así as grandes actuacións que tivo Samu.
O xogador tinerfeño foi a máis durante os encontros disputados neste mes para culminalo cunha grandísima actuación ante Melilla que lle valeu o MVP da Leb Ouro con 42 de valoración grazas aos 32 puntos e 8 rebotes conseguidos.
O seu gran desenvolvemento nos partidos non pasaron desapercibidos para os afeccionados ourensáns que o volven a votar unha vez máis como MVP Estrella Galicia.
O xogador quixo agradecer a toda a afección o cariño e apoio recibido, así como por en valor o traballo colectivo do equipo que lle permitiu brillar nos últimos encontros.
Noraboa Samu polo MVP Estrella Galicia, ben seguro que non será o último da tempada.