O Club Ourense Baloncesto realiza a súa inscrición para disputar a Primeira FEB

11 de Julio del 2024
Comparte

O Club Ourense Baloncesto presentou durante o día de hoxe o aval e a documentación necesaria para a inscrición do equipo de cara á tempada 2024/2025 na Primeira FEB.

Eduardo Villar, Jorge Silva e Pablo Quintas, acudiron ás oficinas da delegación ourensá da Federación Galega de Baloncesto e fixo entrega, tal e como se recolle nas bases da Competición de Primeira FEB, dos documentos que permiten a inscrición do equipo de Moncho López para competir na segunda categoría do baloncesto español o próximo ano.

Durante os próximos días espérase a confirmación por parte da Federación Española de Baloncesto dos equipos oficialmente inscritos e do sorteo do calendario para o curso deportivo 2024/2025.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar