Reunión entre a Área Social do COB e as Asociacións para valorar a temporada e por en marcha novos proxectos
A Área Social do Club Ourense Baloncesto reuniuse na mañá de onte cos responsables das Asociacións coas que o Club traballou ao longo do ano para facer unha valoración da tempada e recoller propostas de cara ao ano que ven.
A reunión, presidida por Eduardo Villar, foi un éxito xa que o traballo da área social foi cualificado como excelente por tódolos asistentes. Ademáis, os diferentes colectivos tamén sinalaron situacións e problemas a solucionar de cara a vindeira campaña.
O Club xa está a traballar en pos de enmendar os erros cometidos e en novos proxectos que levarán á Area Social a seguir crecendo e ser referente, xa non só a nivel autonómico, senón tamén nacional.
Queremos agradecer a tódalas asociacións pola sua presenza na reunión de hoxe e agardamos seguir traballando con elas para facer de Ourense un lugar máis inclusivo.
- Aspanas
- Residencia Os Milagros
- Provivenda
- ADO
- Down – Ourense
- Trascos
- Cruz Vermella
- Aixiña
- ONCE
- Centro de menores Montealegre
- Centro de menores Montefiz e Monteledo
- APSOU