O COB busca reacción inmediata na Copa España ante o Class Bàsquet Sant Antoni en Ibiza

O Club Ourense Baloncesto afronta este martes un novo compromiso da Copa España, visitando Ibiza para enfrontarse ao Class Bàsquet Sant Antoni, nun encontro no que o equipo buscará reaccionar con rapidez tras a derrota de onte.
O obxectivo é claro: pasar páxina e recuperar sensacións, mantendo o foco na identidade competitiva que o equipo vén construíndo nas últimas semanas. A Copa ofrece unha oportunidade inmediata para volver á boa versión, reforzar confianza e seguir medrando como bloque.
Enfronte estará o Class Bàsquet Sant Antoni, un conxunto que compite nunha categoría inferior pero que conta con xogadores de nivel, con calidade individual e capacidade para estar perfectamente na Primeira FEB. Un rival incómodo, con talento ofensivo e que esixirá ao COB manter intensidade, concentración e ritmo dende o inicio.
O partido presenta unha ocasión importante para volver conectar coa mellor versión do equipocoa ambición de seguir avanzando nesta competición.
Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación:








