O Club Ourense Baloncesto enfróntase a un Tizona Burgos lanzado

A Primeira FEB continúa este domingo ás 12:00 horas no Polideportivo El Plantío, onde o Club Ourense Baloncesto visita ao Grupo Ureta Tizona Burgos nun encontro de máxima esixencia.
O COB afronta a cita con vontade de competir a un nivel alto e de seguir avanzando no seu camiño, cunha semana de traballo enfocada en manter solidez, mellorar nos detalles e trasladar á pista a mellor versión posible fóra da casa.
Enfronte estará un Tizona Burgos que chega nun gran momento de resultados, con varias vitorias de mérito, incluída a conseguida esta mesma semana na Copa España fronte a un Leyma Coruña que se mantía invicto. Un rival de ritmo alto, confianza e capacidade para castigar calquera desconexión, polo que a concentración deberá ser total desde o inicio.
O encontro no Plantío supón unha oportunidade importante para que o COB dea un paso adiante, manteña ambición competitiva e aspire a sumar nunha das pistas máis esixentes da categoría.
Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación:








