O Club Ourense Baloncesto ficha a Antonio Monteiro para reforzar o seu xogo interior

17 de Noviembre del 2024
Comparte

O Club Ourense Baloncesto e Antonio Monteiro chegan a un acordo para que o xogador angoleño se una ás filas cobistas para os próximos dous meses.

Antonio Monteiro é un ala-pivote angoleño de 34 anos e 2,04 metros de altura cunha ampla experiencia no baloncesto de primeiro nivel tralo seu paso por equipos como Sporting, Porto e Benfica cos que conseguiu levantar varios títulos. A pasada tempada xogou en Islandia no Valur co que alzou o trofeo de liga. O xogador tamén é internacional absoluto con Angola.

Antonio Monteiro mediou o ano pasado 8 puntos e 6 rebotes en 22 partidos demostrando a súa calidade e polivalencia.

Moncho López, que o adestrou na etapa do Porto, quixo falar sobre a fichaxe: “Antonio é un xogador con moita experiencia competitiva, acostumado a competir por títulos. Destacaría de Antonio a súa versatilidade, pode xogar nas dúas posicións interiores aínda que a súa posición é a de catro. É un xogador que coñeco ben, xa que o adestrei durante tres tempadas no Porto. Non é unha estrela, é un xogador cun rol de rotación, fai mellores aos seus compañeiros, equilibra ao plantel e dá moita intensidade de adestramento. Vainos axudar moito xa que temos dous lesionados nesas posicións e necesitábamos un xogador das súas características que nos vai a axudar moitísimo”.

Benvido Antonio

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar