Tizona Burgos supera ao Club Ourense Baloncesto nun final de infarto

01 de Diciembre del 2024
Comparte

O Pazo dos Deportes Paco Paz vivíu unha auténtica batalla de baloncesto entre o Club Ourense Baloncesto e o Tizona Burgos, nun partido que se decidiu nos últimos segundos por un axustadísimo 86-87 no partido correspondente á xornada 9 da Primeira FEB.

O equipo ourensán comezou o encontro cunha sólida actuación no primeiro cuarto, bordando dez minutos case perfectos e anotando 36 puntos cun Aanen Moody levando o peso do ataque cobista. A Tizona Burgos custáballe atopar o ritmo de partido nestes primeiros intres mais co paso dos minutos e da man de Jones lograba que o COB non se marchase de máis no marcador. 36 a 24 e todo por decidir.

No segundo cuarto Tizona Burgos foi capaz de ir recortando distancias pouco a pouco ante un COB que xa non estaba tan cómodo na pista. Os de Moncho López non conseguían superar unha defensa moito máis intensa do equipo visititante. 52-47 no luminoso con ambos equipos dirixíndose a vestiarios.

Tralo descanso o guión do partido continuaba sendo o mesmo. Tizona era capaz de dominar e levar o peso do partido ante un COB que empezaba a mostrar signos de fatiga debido ás baixas e xogaba con certa impaciencia e precipitación por momentos. O equipo visitante era quen de remontar o partido e iamonos aos dez últimos minutos con 66-68.

O último cuarto foi un toma e daca entre ambos equipos no que ningún era quen de marcharse no marcador e sentenciar o encontro. Os de Moncho tiraban de pundonor ante un Pazo volcado cos seus, mentres que Tizona aguantáballe o pulso. Ambos equipos estaban ofrecendo un gran partido de baloncesto que se decidiu no último minuto. Tras dous tiros libres fallados por Jones o Club Ourense Baloncesto tiña unha posesión para meter a canastra que lle dese a vitoria, mais Brito primeiro, e Gill tralo rebote e bailar o balón polo aro, non eran quen de anotar e Tizona impúñase por 86-87

A pesar da derrota, o Club Ourense Baloncesto demostrou unha vez máis o seu carácter competitivo e a súa capacidade para loitar a pesar das baixas ante un equipo de gran nivel como é Tizona Burgos.

O seguinte partido será o domingo 8 ante Movistar Estudiantes en Madrid.

Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación

Fotos: Carlos Domarco

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar