Viaxa con nós e vive o derbi contra Monbús Obradoiro en directo

O domingo, 29 de decembro, temos unha importante cita no Fontes do Sar para disputar o derbi galego da Primeira FEB ante Monbús Obradoiro e queremos que nos acompañes, xa que o teu apoio é o máis importante.
Por este motivo dende o Aircargobooking Ourense estamos a organizar a viaxe en bus para que non te perdas este partidazo.
A SAÍDA será ás 16:30 horas dende o PACO PAZ e a VOLTA ao rematar o partido.
Os PREZOS son os seguintes:
- SOCIOS (Pagando por transferencia bancaria ou en oficinas por adiantado):
- ADULTO: 27 Euros (19 euros entrada + 8 euros bus)
- XUVENIL (13-17 anos): 17 Euros (9 euros entrada + 8 euros bus)
- INFANTIL (5 a 12 anos): 13 Euros (5 euros entrada + 8 bus)
- 2. NON SOCIOS (da igual método de pago) E SOCIOS (pagando no bus):
- ADULTO: 30 Euros
- XUVENIL: 20 Euros
- INFANTIL: 16 Euros
A reserva de plaza farase por email en info@clubourensebaloncesto.com ou nos seguintes teléfonos: 988100001 e 629154196 indicando NOME, APELIDOS, DNI e Nº SOCIO (en caso de ser abonado).
A data límite para anotarse é o 27 de decembro ás 14:00 horas.
O número de conta para facer a transferencia é: ES11 2080 5252 9330 4028 3464 e hai que indicar no concepto NOME e APELIDOS + Nº de persoas das que se fai a transferencia.
Tamén se poderá mercar a entrada sen bus aos seguintes prezos:
- ADULTO: 19 Euros
- XUVENIL: 9 Euros
- INFANTIL: 5 Euros
Os prezos das entradas son os marcados por Monbús Obradoiro.
En caso de non encher o bus procederase a cancelación e devolverase o diñeiro a toda a xente que está anotada.
VEN CON NÓS VIVIR O DERBI!
#ForzaCOB