Solgaleo Enerxía, novo patrocinador do Club Ourense Baloncesto para as próximas tres tempadas

05 de Diciembre del 2025
Comparte

O Club Ourense Baloncesto e Solgaleo Enerxía veñen de asinar un acordo de patrocinio que unirá a ambas entidades durante as vindeiras tres tempadas, reforzando así a aposta da compañía polo deporte e polo tecido social da provincia de Ourense.

Un dos puntos máis destacados deste acordo é a nova denominación da tradicional Grada Río do Pazo dos Deportes Paco Paz, que a partir desta tempada pasará a chamarse Grada Solgaleo Río, fortalecendo a presenza da marca nun dos espazos máis emblemáticos do recinto.

A colaboración tamén inclúe a presenza de Solgaleo Enerxía en novos soportes publicitarios nos espazos dixitais do Pazo, así como accións de comunicación nas redes sociais oficiais do Club Ourense Baloncesto, ampliando a visibilidade conxunta tanto en contornas físicas como dixitais.

O compromiso de Solgaleo co deporte ourensán

Desde a dirección de Solgaleo Enerxía manifestaron que “levamos anos consolidando o noso compromiso co deporte da provincia de Ourense, apoiando iniciativas e entidades que xeran un impacto directo na nosa comunidade. Este acordo co Club Ourense Baloncesto súmase a esa liña de traballo, incorporando un novo elemento tractor que reforza a nosa concepción do deporte como parte esencial da nosa responsabilidade social corporativa. Para nós, apoiar o deporte ourensán é apoiar o desenvolvemento, a cohesión e as oportunidades para a nosa contorna”.

Satisfacción no Club Ourense Baloncesto

Desde o Club Ourense Baloncesto mostráronse moi satisfeitos coa incorporación deste novo patrocinador ao proxecto cobista: “Para o Club Ourense Baloncesto é unha gran satisfacción sumar a Solgaleo ao noso proxecto. O seu compromiso co deporte ourensán e coa comunidade é un valor que compartimos plenamente e que nos permitirá seguir medrando dentro e fóra da pista”.

O acordo entra en vigor nesta tempada e estenderase durante as próximas tres campañas, consolidando unha alianza estratéxica entre dúas entidades comprometidas co deporte e coa sociedade ourensá.

VOLVEREMOS, E TI XA ESTABAS

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar