O COB asegura a continuidade de Martín Iglesias ata 2028

04 de Diciembre del 2025
Comparte

O Club Ourense Baloncesto e Martín Iglesias seguirán unidos ata o ano 2028. O xogador, incorporado esta tempada ao proxecto cobista, amplía a súa vinculación co club nun movemento que reflicte con claridade a liña de traballo da entidade: apostar por xogadores novos, con talento, proxección, compromiso e sentimento de pertenza.

Martín chegou este curso ao COB demostrando dende o primeiro día a súa capacidade de adaptación, a súa ambición competitiva e a súa versatilidade en dúas posicións clave do xogo interior. A súa renovación é unha mostra da confianza do club non só no seu rendemento inmediato, senón tamén no seu crecemento persoal e na identificación co proxecto cobista.

O adestrador do equipo, Moncho López, destacou o perfil do xogador: “É un xogador competitivo, moi bo no día a día, que pode actuar nas posicións de 4 e 5 dentro da nosa filosofía. Cremos moito nel e no que pode chegar a darnos”.

Moncho tamén puxo en valor a importancia deste tipo de movementos: “Para nós é clave construír un bloque de xogadores nacionais novos que nos axuden a gañar a curto prazo, pero sobre todo a seguir crecendo como club”.

Con esta renovación, o COB asegura a continuidade dun xogador en plena progresión e reafirma a súa folla de ruta: crecemento sustentable, talento novo, ambición colectiva e sentimento.

Podes ver a rolda de prensa a continuación:

VOLVEREMOS, E TI XA ESTABAS

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar