O Aircargobooking Ourense busca un comezo sólido na segunda volta ante o Hestia Menorca

31 de Enero del 2025
Comparte

O Aircargobooking Ourense encara mañá un novo reto na Primera FEB co inicio da segunda volta da competición. O conxunto ourensán recibe no Pazo dos Deportes Paco Paz ao Hestia Menorca nun encontro clave que se disputará ás 19:00 horas.

Tras unha primeira metade de liga moi boa, o Aircargobooking Ourense busca comezar esta segunda volta con forza para consolidar a súa posición na táboa e aspirar a cotas máis altas. O rival, o Hestia Menorca, chega a Ourense con novas incorporacións e será un duro opoñente, polo que se prevé un partido de máxima intensidade.

Os xogadores quixeron mandar unha mensaxe a toda a afección: “esta segunda volta queremos que sexa aínda mellor que a primeira e necesitamos que O Pazo sexa o noso fortín polo que pedimos a tódolos seareiros e afeccionados ao baloncesto que veñan a animarnos”.

A cita está servida: mañá, ás 19:00 horas, o Aircargobooking Ourense ten unha oportunidade de ouro para sumar unha nova vitoria ante o seu público e esquecer canto antes os dous últimos encontros.

Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar