O Cloud.gal Ourense Baloncesto visita o Movistar Arena nun reto de máxima esixencia

O Cloud.gal Ourense Baloncesto xoga este domingo ás 18:30 horas no Movistar Arena ante o Movistar Estudiantes, nun novo compromiso da Primeira FEB.
O equipo afronta o encontro coa intención de comezar o ano da mellor forma posible, apoiándose no traballo da semana e na resposta colectiva para competir con solidez nun escenario de máxima esixencia.
En fronte estará un Estudiantes que chega nun bo momento de resultados, encadeando varias vitorias consecutivas e co respaldo da súa afección. Un rival de entidade que obrigará ao Cloud.gal Ourense Baloncesto a manter a concentración, o ritmo e a intensidade durante os corenta minutos.
O partido preséntase como un reto esixente no que o Cloud.gal Ourense Baloncesto buscará competir con personalidade, manter a identidade de xogo e loitar pola vitoria ata o final nunha das pistas máis complicadas da categoría.
Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación:
VOLVEREMOS, E TI XA ESTABAS








