Aanen Moody escollido MVP Estrella Galicia do mes de marzo

A nosa afección volveu recoñecer o destacado rendemento de Aanen Moody, otorgándolle por segundo mes consecutivo o título de MVP Estrella Galicia, correspondente ao mes de marzo.
Este novo recoñecemento consolida a importancia de Moody no xogo do Aircargobooking Ourense, sendo unha das referencias ofensivas máis fiables do equipo. Na tempada actual, promedia 13,2 puntos, 2,8 rebotes e 1,3 asistencias por encontro, cun notable 43,7 % de acerto en triples, que reflicte a súa efectividade desde o perímetro.
Ao recibir novamente o galardón, Aanen sinalou: "Estou moi agradecido aos seareiros por seguir apoiándome mes tras mes. Este tipo de recoñecementos significan moito e motívanme a dar sempre o mellor para o equipo."
Parabéns, Aanen, polo teu MVP Estrella Galicia de Marzo e segundo consecutivo! A túa entrega e talento seguen facendo desfrutar a toda a familia do COB.