Un Aircargobooking Ourense plagado de baixas non pode ante HLA Alicante

O Aircargobooking Ourense afrontaba a visita ao HLA Alicante nun contexto moi esixente, e non só polo nivel do rival, senón polas importantes baixas que arrastraba o equipo. Sen tres xogadores clave por lesión —cuxas ausencias xa reducían a rotación—, o conxunto ourensán viu como durante o primeiro cuarto tamén tiña que retirarse Ogunsipe por lesión, complicando aínda máis o plantexamento do partido.
Cun primeiro cuarto moi duro, os locais marcaron o ritmo cun parcial de 31-15 que puxo en evidencia o seu acerto exterior e a intensidade defensiva.
No segundo cuarto, os nosos melloraron notablemente no apartado ofensivo, sumando 24 puntos, pero os alacantinos mantiveron o pulso cun novo parcial favorable de 30-24, chegando ao descanso cunha desvantaxe considerable para os nosos. Na reanudación, o partido fíxose máis físico e igualado.
O terceiro cuarto rematou cun axustado 20-18, onde o Aircargobooking Ourense amosou máis solidez defensiva e un mellor xogo colectivo, sen conseguir recortar demasiada diferenza no marcador.
Xa no último período, co partido decidido a favor de HLA Alicante, o ritmo de xogo baixou e o Aircargobooking Ourense, cos menos habituais en pista, conseguíu reducir un pouco a diferenza ata os 19 puntos finais. (90-71).
Toca seguir traballando e pensar xa no compromiso do vindeiro mércores ante Super Agropal Palencia.