Todo en xogo no Vicente Trueba

25 de Abril del 2025
Comparte

O Aircargobooking Ourense visita este sábado ás 19:00 horas o Pavillón Vicente Trueba para medirse ao Alega Cantabria, nun encontro que se presenta como clave para os dous equipos. Un duelo de necesidades onde cada posesión pode marcar o rumbo da tempada.

O noso equipo chega a Torrelavega tras conseguir unha vitoria de gran valor moral na última xornada, que nos permite depender de nós mesmos na loita polos playoffs. Ese triunfo reforzou a confianza dun grupo que segue medrando e que sabe o que hai en xogo neste tramo final da liga.

Pola súa banda, o Alega Cantabria enfróntase ao encontro coa máxima tensión competitiva, xa que está a loitar por evitar o descenso. Os de David Mangas, empuxados pola súa afección, sairán ao máximo desde o salto inicial, conscientes de que cada partido é unha final.

Será un partido intenso, cargado de emocións, no que a concentración, a enerxía e a capacidade para xestionar os momentos clave serán decisivas. Desde Ourense viaxamos con ambición e coa mente posta en dar un paso máis cara ao noso obxectivo.

Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar