Diogo Brito é o MVP Estrella Galicia da Tempada 2025

13 de Mayo del 2025
Comparte

Diogo Brito é o MVP Estrella Galicia da Tempada. O xogador portugués foi escollido polos seguidores do club como o máis destacado do curso, recoñecendo así o seu compromiso, regularidade e impacto no xogo ao longo de toda a tempada.

Brito asinou unha campaña excelente, converténdose nun dos piares fundamentais do equipo. Os seus números falan por si sós: 11,8 puntos, 5,3 rebotes, 3,6 asistencias, 14 de valoración en 29 minutos por partido, demostrando a súa capacidade para contribuír en todas as facetas do xogo.

Ademais do seu rendemento estatístico, Diogo destacou polo seu liderado dentro e fóra da pista, sendo sempre un referente para os seus compañeiros e un exemplo de entrega para a bancada do Pazo.

O xogador quixo agradecer este recoñecemento cunhas palabras para a afección: “Estou moi agradecido por este premio. Significa moito para min que sexa a xente quen me escolla como MVP. Dende o primeiro día sentinme moi querido en Ourense, e iso nótase na pista. Isto non é só meu, é de todo o equipo. Sen os meus compañeiros e o apoio dos afeccionados, nada disto sería posible. Grazas de corazón.”

Parabéns Diogo por este MVP Estrella Galicia da Tempada. O teu esforzo e dedicación durante toda a tempada deixaron pegada, e este premio é unha mostra máis do cariño que che ten a nosa xente.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar