A Unión Deportiva Ourense e o Club Ourense Baloncesto únense para impulsar o deporte ourensán

A Unión Deportiva Ourense e o Club Ourense Baloncesto establecen un acordo de colaboración para a tempada 2025-2026, co obxectivo de fortalecer as sinerxías entre ambos clubs de referencia da cidade e fomentar o apoio mutuo entre as súas afeccións.
Esta iniciativa forma parte da estratexia do Club Ourense Baloncesto de crear lazos con outras entidades deportivas da cidade e da provincia, promovendo un sentimento común de orgullo, unidade e compromiso co deporte ourensán.
Os dous clubs veñen colaborado en diferentes accións e iniciativas conxuntas, demostrando unha excelente relación institucional e un compromiso compartido co crecemento do deporte local. Ambas entidades comparten valores como o traballo en equipo, a humildade, o esforzo e a proximidade coa súa afección, así como unha maneira de entender o deporte como ferramenta de unión social e orgullo para Ourense.
Como primeiro paso deste novo convenio, as peñas da U.D.Ourense e do COB disporán de 15 entradas para cada partido oficial dos respectivos equipos, de maneira que os afeccionados de ambos clubs poidan apoiar e vivir de preto o deporte da cidade. Así, as peñas da UDO poderán asistir aos encontros do COB no Pazo dos Deportes Paco Paz, mentres que as peñas do COB poderán animar á U.D. Ourense no Estadio do Couto.
“Queremos fomentar o espírito de colaboración entre clubs e afeccións. Ourense ten unha paixón polo deporte que merece estar unida”, destacaron desde o Club Ourense Baloncesto.
Pola súa banda, desde a Unión Deportiva Ourense subliñaron que: “Esta é unha iniciativa que vai máis alá do fútbol e do baloncesto. É unha forma de demostrar que en Ourense todos remamos na mesma dirección.”
Con este acordo, o Club Ourense Baloncesto continúa reforzando o seu compromiso de cooperación con outras entidades deportivas da cidade e da provincia, consolidando un proxecto común que faga medrar o deporte ourensán e dea visibilidade ao talento da nosa terra.
VOLVEREMOS, E TI XA ESTABAS