O Club Ourense Baloncesto visita ao Grupo Alega Cantabria no Vicente Trueba

A liga segue o seu camiño e este sábado, ás 19:00 horas, o Club Ourense Baloncesto visita o Pavillón Vicente Trueba para medirse ao Grupo Alega Cantabria. Un encontro que se presenta esixente dende o primeiro minuto, ante un rival directo e sempre complicado.
O COB chega con boas sensacións e cun balance de dúas vitorias e unha derrota, consolidando paso a paso o seu xogo e a identidade competitiva que caracteriza ao equipo. Enfronte estará un Cantabria que, malia comezar a liga con 1-3, é un rival duro, capaz de poñer en apuros a calquera.
Agárdase un choque intenso, con ritmo e moita igualdade. Os de Moncho López buscarán manter a dinámica positiva e seguir medrando como grupo, coa mentalidade de lobo que define ao COB en cada encontro.
Unha nova batalla agarda en Torrelavega. O obxectivo é claro: seguir sumando e demostrar que este equipo non entende de rendición.
Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación:
VOLVEREMOS, E TI XA ESTABAS








