Concurso de disfraces de Samaín no Paco Paz
Este sábado queremos crear un ambiente especial no Paco Paz e comezar gañando dende a grada. Celebramos Samaín e por iso convidámosvos a vir disfrazados para meter medo e gozar dunha tarde de baloncesto diferente, chea de ambiente e diversión.
Entre todos os cobistas que asistan disfrazadas ao Paco Paz, seleccionaremos aos gañadores do noso Concurso de Disfraces de Samaín, premiando os looks máis orixinais e terroríficos.
Premios
- 1º premio: a oportunidade de asistir a un partido dende o palco VIP a pé de pista.
- 2º premio: unha camiseta oficial asinada por todos os xogadores do primeiro equipo.
- 3º premio: dúas bufandas oficiais do Club Ourense Baloncesto.
Os gañadores do concurso daranse a coñecer o luns a través das nosas redes sociais e do grupo oficial de Telegram.
Prepara o teu mellor disfraz, vén ao Paco Paz e vive con nós unha noite de medo e baloncesto
VOLVEREMOS, E TI XA ESTABAS
NOTICIAS RELACIONADAS








