O COB visita Fuenlabrada cun novo desafío para manter a boa dinámica

A Primeira FEB continúa este sábado ás 18:30 horas no Pavillón Fernando Martín, onde o Club Ourense Baloncesto afronta unha nova saída ligueira para medir forzas ante o Flexicar Fuenlabrada.
O conxunto cobista chega ao encontro nunha boa dinámica competitiva e coa moral reforzada, aínda que con varios xogadores mermados fisicamente tras o esixente calendario das últimas semanas. A pesar diso, o equipo mantén intacta a ambición e o carácter que vén amosando, cun obxectivo claro: seguir crecendo e pelexar por unha nova vitoria.
En fronte estará un Fuenlabrada que non atravesa o seu mellor momento de resultados, pero que, coa chegada dos reforzos de última hora, quere recuperar sensacións e dar un paso adiante ante a súa afección. Un rival cunha plantilla renovada, con talento individual e capacidade para castigar calquera desconexión.
Para o COB, será clave manter a intensidade dos últimos encontros, coidar cada detalle e impor o ritmo deseado dende o inicio. Un novo exame lonxe do Pazo no que o equipo deberá tirar de solidariedade, concentración e carácter competitivo.
O conxunto ourensán afronta o reto con ambición, consciente de que cada partido é unha oportunidade para seguir medrando e consolidar o bo camiño iniciado. Este sábado ás 18:30 h, no Fernando Martín, buscaremos unha nova vitoria co apoio de todos os que latexades dende Ourense.
Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación:
VOLVEREMOS, E TI XA ESTABAS








