COMUNICADO OFICIAL | INTOXICACIÓN ALIMENTARIA

13 de Diciembre del 2025
Comparte

Varios xogadores do Club Ourense Baloncesto amenceron esta mañá indispostos, tendo que desprazarse ao hospital máis próximo para a súa correspondente avaliación médica.

Tras as probas realizadas, os servizos sanitarios confirmaron unha intoxicación alimentaria que afecta a oito dos dez xogadores desprazados á capital para disputar o encontro desta tarde ante o Flexicar Fuenlabrada.

Os facultativos que atenderon á nosa plantilla certifican a imposibilidade de realizar práctica deportiva por parte dos xogadores afectados, quedando todos eles con baixa médica.

Ante esta situación excepcional e totalmente allea á entidade, o Club Ourense Baloncesto atópase en contacto tanto co club rival, Flexicar Fuenlabrada, como coa Federación Española de Baloncesto, co obxectivo de proceder da mellor maneira posible conforme ás bases de competición.

O club seguirá informando de calquera novidade que se produza ao respecto.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar