COMUNICADO OFICIAL | SUSPENDIDO O PARTIDO ENTRE O FLEXICAR FUENLABRADA E O CLUB OURENSE BALONCESTO
Unha vez analizada por parte da Área Médica da Federación Española de Baloncesto a información remitida polo Club Ourense Baloncesto, e de acordo co establecido no artigo 117.1 do Regulamento Xeral de Competicións da FEB, comunícase que queda suspendido o encontro entre o Flexicar Fuenlabrada e o Club Ourense Baloncesto.
A FEB adopta esta decisión tras constatar a concorrencia das circunstancias recollidas no devandito artigo, que contempla como forza maior a baixa médica simultánea dun número mínimo de oito xogadores con licenza federativa, sempre que esta situación sexa ratificada pola propia Área Médica da FEB.
A Federación Española de Baloncesto determinará nos vindeiros días a nova data de celebración do encontro, conforme ás súas atribucións regulamentarias.
O Club Ourense Baloncesto agradece a comprensión do club rival, da FEB e FEGABA e da afección ante esta situación excepcional.







