Carrefour, novo colaborador oficial do Club Ourense Baloncesto

27 de Noviembre del 2025
Comparte

O Club Ourense Baloncesto e Carrefour chegaron a un acordo polo que o grupo de distribución convértese en novo colaborador oficial do COB para a tempada 2025/2026.

A sinatura do convenio, realizada polo presidente do Club Ourense Baloncesto, Diego Regueira, e polo Director Rexional de Carrefour, (nome e apelidos), establece un marco de cooperación que permitirá desenvolver actividades experiencials exclusivas destinadas tanto aos socios de El Club Carrefour como á familia cobista.

Grazas a esta alianza, os membros de El Club Carrefour poderán acceder, a través da súa comunidade oficial en Facebook, a experiencias únicas, concursos, vantaxes especiais e contidos exclusivos vinculados ao día a día do Club Ourense Baloncesto e aos seus principais eventos deportivos.

Este acordo reforza o compromiso de ambas entidades co deporte ourensán e coa creación de espazos de participación activa para as súas comunidades.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar