O Cloud.gal Ourense Baloncesto quere seguir soñando

O Cloud.gal Ourense Baloncesto afronta mañá unha cita marcada en vermello no calendario coa disputa da Final Four, que se celebrará en Palencia. O conxunto ourensán xogará a semifinal ás 20:00 horas fronte ao Movistar Estudiantes, nun encontro que decidirá un dos billetes para a gran final.
O equipo chega a esta fase decisiva coa ilusión intacta e coa ambición de seguir facendo historia. A Final Four é o premio a un camiño construído dende o traballo, a unión do vestiario e unha identidade clara que o COB buscará manter tamén nun escenario de máxima esixencia.
En fronte estará un Movistar Estudiantes con experiencia neste tipo de encontros, cunha plantilla profunda e con talento contrastado. Un rival que obrigará a elevar o nivel competitivo e a ofrecer unha versión sólida durante os corenta minutos.
O Cloud.gal Ourense Baloncesto afronta a semifinal sen complexos, coa determinación de competir cada posesión e coa convicción de que, cando o equipo cre no que fai, é capaz de todo. Nun formato tan curto, os detalles marcarán a diferenza.
Palencia será mañá o punto de encontro dunha afección que nunca falla. Co apoio da nosa afección nas bancadas, o COB saltará á pista coa forza de representar a toda unha cidade e coa ilusión de dar un paso máis nunha Final Four que xa forma parte da nosa historia.
Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación:
VOLVEREMOS, E TI XA ESTABAS






.jpg)

