O Cloud.gal Ourense Baloncesto cae ante Estudiantes e dice adeus ao soño da Copa

O Cloud.gal Ourense Baloncesto quedou fóra da final da Copa de España tras caer ante o Movistar Estudiantes (71–90) nunha semifinal marcada polo peso competitivo e a calidade dun rival chamado a pelexar polos postos máis altos da categoría.
O encontro comezou cun Ourense sólido e concentrado, especialmente no xogo interior, onde Romaro Gill marcou territorio nos primeiros minutos e permitiu ao equipo competir de ti a ti ante un Estudiantes que foi entrando pouco a pouco no partido. O primeiro cuarto estivo equilibrado, con alternancias no marcador e cun ritmo alto por parte de ambos conxuntos.
No segundo período, o conxunto madrileño foi gañando presenza ofensiva e atopou máis fluidez no seu xogo, pero o COB soubo responder e manterse con opcións grazas ás achegas de Sean McDonnell, Rafa Lisboa e Isaac Vázquez. A diferenza ao descanso reflectía xa o potencial do rival, aínda que o partido seguía aberto.

Tras o paso polos vestiarios, o Estudiantes deu un paso adiante. A súa capacidade para subir o nivel defensivo, castigar desde o perímetro e xerar vantaxes en transición marcou o desenvolvemento do terceiro cuarto. Nese contexto, tamén foi clave a frecuencia de visitas á liña de tiros libres do conxunto madrileño, que acabou lanzando 31 tiros libres, fronte aos 14 do Cloud.gal Ourense.
No último cuarto, o Estudiantes soubo xestionar a vantaxe adquirida e pechar o encontro sen concesións, facendo valer a súa profundidade de cadro e a súa experiencia en partidos deste nivel.
O Cloud.gal Ourense despídese así da Copa de España nas semifinais, tras competir durante boa parte do encontro ante un rival de entidade, nun escenario esixente e fronte a un dos equipos máis potentes da Primeira FEB.
Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continación:






.jpg)

