A Primeira FEB entra na súa recta final e o Cloud.gal Ourense Baloncesto disputa este domingo ás 18:00 horas o penúltimo encontro da tempada na pista do Melilla Baloncesto, no Javier Imbroda.
O equipo afronta a cita coa intención de manter o nivel competitivo e seguir ofrecendo unha versión seria ata o último momento da liga, dando continuidade ao traballo do grupo e á súa identidade na pista.
En fronte estará un Melilla Baloncesto que chega ao encontro xogándose moito, polo que se agarda un partido de alta intensidade dende o inicio. O conxunto local buscará facer valer o factor cancha nun duelo no que cada acción terá peso.
O encontro preséntase así como unha nova oportunidade para competir con rigor e responder nun escenario esixente, mantendo o compromiso do equipo durante os corenta minutos.
Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación.
VOLVEREMOS, E TI XA ESTABAS