J1 – COB vs CB Tizona Burgos-12

O COB busca a terceira vitoria consecutiva ante o Grupo Alega Cantabria

O Club Ourense Baloncesto regresa este sábado ó Pazo dos Deportes Paco Paz para afrontar a terceira xornada da Primeira FEB. Os de Moncho López reciben ó Grupo Alega Cantabria ás 19:00 horas nun encontro no que ambos os equipos buscarán prolongar o seu excelente inicio de competición, despois de sumar dúas vitorias nas dúas primeiras xornadas.

O COB chega á cita tras superar o Tizona Burgos na estrea ligueira e conquistar unha importante vitoria a domicilio ante o Inveready Askatuak Gipuzkoa. Dous triunfos que lle permiten afrontar con confianza o encontro desta xornada, coa intención de manter a dinámica positiva e seguir sumando.

En fronte estará un Grupo Alega Cantabria que tamén conta os seus encontros por vitorias e que presenta un cadro de xogadores de nivel e consolidados na categoría. O conxunto cántabro será unha esixente proba para os ourensáns, que terán que ofrecer a súa mellor versión para manter o pleno neste inicio de liga.

O COB quere facerse forte na casa, co apoio da súa xente, e sumar unha nova vitoria ante un rival que tamén demostrou o seu potencial nas dúas primeiras xornadas.

Unha tarde de baloncesto no Paco Paz

A xornada comezará antes de que o balón bote. A partir das 17:00 horas, o exterior do Paco Paz acollerá unha nova Fan Zone, con actividades para gozar da previa e quentar o ambiente antes do encontro.

Unha oportunidade para xuntarse, compartir a paixón polo COB e vivir unha tarde de baloncesto desde antes do salto inicial. A cita comeza ás 17:00 horas coa Fan Zone e continúa ás 19:00 no Pazo, co equipo á procura da terceira vitoria consecutiva.

O encontro tamén se poderá seguir en directo a través de Baloncesto TV. Será necesario rexistrarse previamente, pero o acceso será gratuíto.

Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación:

Fotografía .