A Primeira FEB leva este domingo ao Cloud.gal Ourense Baloncesto ata Menorca, onde ás 12:30 horas se medirá ao Hestia Menorca en Bintaufa nun novo compromiso ligueiro.
O conxunto ourensán afronta unha nova saída coa intención de seguir competindo ao máximo nivel e manter a seriedade competitiva ata o final da tempada. Cada partido representa unha oportunidade para seguir defendendo a identidade do equipo en calquera pista.
En fronte estará un Hestia Menorca que se fai forte diante da súa afección e que obrigará ao COB a ofrecer unha versión sólida durante os corenta minutos. Será importante manter a concentración, o ritmo e a consistencia nun encontro que esixirá atención aos detalles.
O partido preséntase como unha nova ocasión para seguir traballando, competir con personalidade e buscar unha boa resposta lonxe do Paco Paz.
Podes ver a rolda de prensa de Moncho López a continuación.