WhatsApp Image 2026-09-04 at 17.52.56

O Club Ourense Baloncesto reforza o seu proxecto médico coa chegada de Recoletas

O Club Ourense Baloncesto presentou o acordo de colaboración con Recoletas, que se converterá no seu novo servizo médico durante as próximas dúas tempadas, cunha terceira opcional. O club destacou a intención de que esta alianza teña continuidade durante moitos anos e subliñou a importancia de contar cunha empresa que aposta por Ourense e polo baloncesto profesional.

Durante o acto, o presidente do club puxo tamén en valor os 34 anos de colaboración con Benito , Luis e o seu equipo de Traumatoloxía, aos que agradeceu o traballo realizado durante décadas e o seu papel na historia do COB, que o vindeiro ano celebrará o seu 50 aniversario.

Pola súa banda, o corpo técnico valorou moi positivamente os primeiros días de traballo con Recoletas e confiou en que a nova alianza contribúa a coidar e protexer os xogadores durante a tempada.

En canto á actualidade deportiva, o equipo afronta a Copa Galicia con varias dúbidas físicas. O adestrador explicou que Marc García arrastra molestias tras un golpe sufrido nun partido de preparación, aínda que podería estar dispoñible para o inicio da competición. O obxectivo, en todo caso, é que chegue ao 100 % ao comezo da tempada.

Ademais, Seixas deberá gardar aproximadamente unha semana de descanso por unhas molestias no xeonllo que arrastra desde a pasada campaña. O equipo médico volverá avaliar a súa evolución posteriormente. Desde o club transmiten tranquilidade e aseguran que, polo momento, non se trata dunha lesión grave.

Fotografía.