O CLUB OURENSE BALONCESTO

O Club Ourense Baloncesto súmase á campaña solidaria "Venezuela nos necesita, Ourense responde"

O Club Ourense Baloncesto únese á iniciativa solidaria “Venezuela nos necesita, Ourense responde”, unha campaña impulsada por Cruz Vermella Española xunto a empresas, asociacións e entidades da cidade para recadar fondos destinados ás persoas afectadas polo recente terremoto en Venezuela.

Esta acción busca canalizar a solidariedade da sociedade ourensá mediante doazóns económicas que permitirán ofrecer axuda humanitaria inmediata, atendendo ás necesidades máis urxentes das zonas afectadas.

Desde o Club Ourense Baloncesto queremos mostrar o noso compromiso con esta causa e animar a toda a nosa afección, colaboradores e cidadanía a sumarse a esta iniciativa. Cada achega, por pequena que sexa, pode marcar a diferenza e contribuír a que a axuda chegue ás persoas que máis a precisan.

A campaña, que xa foi presentada publicamente, conta coa colaboración de numerosas entidades sociais, empresas e clubs deportivos da provincia, entre os que se atopa o Club Ourense Baloncesto, reafirmando o compromiso do deporte ourensán coa solidariedade.

Baixo a lema “Un euro pode cambiar moitas vidas”, Cruz Vermella lembra que todas as doazóns serán destinadas a ofrecer asistencia inmediata sobre o terreo, garantindo que os recursos cheguen ás persoas afectadas da forma máis rápida e eficaz posible.

Desde o COB queremos agradecer o traballo de todas as persoas e organizacións implicadas nesta iniciativa e convidamos á nosa comunidade a colaborar para que Ourense volva demostrar a súa solidariedade.

Porque cada euro conta. Porque xuntos podemos axudar.

Fotografía.