O Rio Ourense Termal apoia a dura loita contra os incendios en Galicia

16 de Octubre del 2017
Comparte

Tralos terribles incendios sufridos esta fin de semana e continuados no día de hoxe en Galicia e Asturias, o Rio Ourense Termal quere amosar a súa consternación co sucedido e o apoio total ós Corpos de Estado, brigadistas, voluntarios e familias que loitaron e, agora mesmo, seguen loitando contra as lapas.

Desde aquí, enviamos unha aperta moi forte a familiares e amigos das persoas tristemente falecidas ata o momento, así como a todos os habitantes das localidades galegas afectadas, especialmente, ós residentes nas comarcas ourensás de Parada de Sil, Oseira, Baños de Molgas, Chandrexa de Queixa, Paderne de Allariz, Lobios, A Gudiña e Boborás.

No Rio Ourense Termal rexeitamos calqueira tipo de violencia e igualmente o facemos coa violencia incendiaria. Esperamos a pronta finalización dos lumes e que pronto poida comezar a recuperación de terra, aldeas, fogares e vidas dos afectados polo lume.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar