Escolle ao Xogador Estrella Galicia do mes de Marzo

Un mes máis, vós escolledes ao “Xogador Estrella Galicia”.
Dende hoxe e durante os próximos días, poderedes votar na nosa web polo voso xogador favorito e, os que fagades ‘RT’ no noso Twitter, entraredes no sorteo de dúas entradas dobres para o encontro que xogaremos mañá ás 19:00 no Pazo contra Grupo Alega Cantabria.
Os tres candidatos para gañar o premio deste mes son:
- Brano Djukanovic
- Darius Carter
- Alberto Martín
Votade e elixide ao gañador!