Voltamos por e para vós

22 de Mayo del 2022
Comparte

Polos que estiveron no Pazo, polos que nos animaron dende o traballo ou a casa, polos que desgraciadamente perdemos polo camiño e nos animaron dende arriba, o Hereda COB voltou á LEB Ouro nun partido de infarto no que o ambiente do Pazo decidiu que era hora de retornar á categoría perdida a pasada campaña.

Partido complicado que sacamos nos últimos minutos

Comezou ben, logo regular, despois mal e tras isto tocou remontar e fixémolo grazas a un Paco Paz que demostrou que é doutra categoría. A afección levou en volandas ao equipo para remontar, recuperar parte da diferencia e pechar un ascenso que detrás ten un traballo diario espectacular.

Isto é a crónica, non hai máis.

Agora toca abrazar, bicar e celebrar…que un ascenso non se consigue tódolos días.

PD: Perdemos o partido para convertelo na derrota máis festexada na nosa historia ;)

Fotos: Carlos Domarco

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Ver política de Cookies.
Aceptar